| Arco da vella ó mediodía, chuvia para todo o día |
| Arco da vella ó poñente, ¡mariñeiro alerta (en pé)! |
| Arco da vella ó poñente, solta os bois e vente |
| Arco da vella ó raiante ¡ei, boi! ¡ei, para adiante! |
| Arco da vella, auga na terra |
| Arreboles ao sol posto, meu caperuciño andará enxoito |
| As augas de febreiro matan o onzaneiro |
| As catro escarchas de xaneiro, as catro nevadas de febreiro e as doces augas de abril, valen máis que o coche do Santo Rei David |
| As mañanciñas doces de Navidá, abril e maio chas fará pagar |
| Astra san Xoán non quíte-lo gaban |
| Auga á entrada da lúa, ou moita ou ningunha |
| Auga á mañanciña, tormenta á tardiña |
| Auga á matina; á tarde tormentina |
| Auga de abril e xeada de maio, herba para todo o ano |
| Auga de agosto e polvo de abril, fan tocalas huchas coma un tamboril |
| Auga de febreiro enche o cabaceiro |
| Auga de mediodía, auga para todo o día |
| Auga de San Martiño, come pan e bebe viño |
| Auga de San Xoán, nin palla nin pan |
| Auga de San Xoán, temprana, moitos males sana |