| Aire de terra, bágoas a xerras |
| Aire salau, aire na mau |
| Aire soán, frío no inverno e quente no verán |
| Aire soán, malo no inverno e peor no verán |
| Albas pardas, ventos ou augas |
| Andoriña que alta voa, non teme que chova |
| Andoriña que voa a rentes da terra chuvia venta |
| Andoriñas a rentes da auga, chuvia na praia |
| Anduriña moi adiantada, primaveira ben temprada |
| Ano de néboas, ano de medas |
| Ano de nevadas, ano de fornadas |
| Ano de seca, ano de seda |
| Ano de vento, nove cereixas dun cento |
| Ano de xiada, ano de parvas |
| Ano que hastra o nove vén xiando, bon e moito pan vén anunciando |
| Ano seco tras mollado, garda a lan e vende ao fiado |
| Ao cuco san Xoán dálle a fala e san Pedro sácalla |
| Arco da vella ó anoitecer, bo tempo ó amencer |
| Arco da vella ó mediodía, chuvia para todo o día |
| Arco da vella ó poñente, ¡mariñeiro alerta (en pé)! |