| Auga e sol, para as froitas: lagarto; para as viñas, pulgón |
| Auga en maio, mata a porca dun ano |
| Auga en outono non lle convén ó xornaleiro nin ó seu dono |
| Auga mañanceira non é duradeira |
| Auga miúda, vendaval que dura |
| Auga n'agosto, moita abella e moito mosto |
| Auga noitega, curuxa tardega |
| Auga por san Urbán tira o viño e non dá pan |
| Báñanse os gorriós, auga a montós |
| Bo ano, Nadal soleado |
| Bó outono, ledicia do dono |
| Bon xaneiro, mal febreiro |
| Brétema húmida adoita traer chuvia |
| Brétema no monte, mellor que pola mañá é pola noite |
| Brétemas no alto, chuvias no baixo |
| Cada pingota de auga na sega vale un sapiño na terra |
| Calma que se prolonga moitos días, tormentas moi bravías |
| Cando a Candelaria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar |
| Cando a carballeira canta, sabe ben a manta |
| Cando a carballeira zoa, metá do inverno xa vai fora |