| Cando a carballeira zoa, sabe ben a boroa |
| Cando a craba esbirra, o tempo muda |
| Cando a presa do outeiro roxe de lexos, tempo bo |
| Cando a rula comeza a rular, colle o fol e vai sementar |
| Cando a serra se envolve na capa, non deixe-la túa casa |
| Cando a serra se pon de touca, temos auga, moita ou pouca |
| Cando abril recacha, inda a vella queima a racha |
| Cando as estrelas non latexan, logo as nubes gotexan |
| Cando as gaivotas bailan a muiñeira, hai que gardar o millo na eira |
| Cando as rans cantan no xaneiro, siñal de lama no rueiro |
| Cando canta a bubela, amaña todo para a sega |
| Cando canta a ran, ven vindo o vran |
| Cando canta o cuco, tan pronto mollado como enxoitado |
| Cando chove e fai sol, alegre está o pastor |
| Cando chove e fai sol, é tempo de requeixón |
| Cando chove o domingo antes da misa, toda a semana vai de risa |
| Cando chove por agosto, chove mel e mosto |
| Cando chove por febreiro, todo o ano é tempereiro / temporeiro |
| Cando chove por Santa Lucía, non hai sardiña |
| Cando con vento soán chove, tódalas pedras move |