| Noroeste á noite, vento sur pola mañán |
| Nube escarpetada, ós tres días auga |
| Nubes na montaña, vellas á borralla; nubes na ribeira, vellas á raxeira |
| Nunca o campo de auga se fartóu, hastra que o nordés a botóu |
| O ano malo en auga vén nadando |
| O ano que moito chove, o labrego traballa máis que come |
| O becerriño no agosto ten frío |
| O circo da lúa a lameira enxuga |
| O circo da lúa nunca trae moita chuvia |
| O circo da lúa o pastor enxuga / ós tres días non hai chuvia |
| O circo do sol molla o pastor, o da lúa ou molla ou enxuga |
| O cuco cantando, o vran acabando |
| O cuquiño a cucar e a ruliña a rular, colle o fouciño e vai seiturar |
| O día de neboeiro, a mañá longa e o día pequeneiro |
| O día de san Brais a cegoña verás, si non a ves, inda o inverno vén detrás |
| O día de san Miguel torna a rega do teu tarreu |
| O dous de febreiro súbete ao outeiro; si ves negrexar ponte a cantar; si ves branquexar, bótate a chorar |
| O nordés no inverno, trai carís de inferno |
| O nordés pra chover, fai coma o borracho pra beber |
| O que en maio se molla, en maio se enxoita |