| Ó que non leva capa por Navidá, non hai que preguntarlle como lle vai |
| O quinto día verás que mes terás |
| O sol de agosto e de xaneiro, hai que tomalo con sombreiro |
| O sol na eira e a chuvia na nabeira |
| O sol que madruga pode traer chuvia |
| O vento antes da chuvia, deixa ir que non hai duda |
| Onde o sol non dá, anda o cirurxián |
| Onde venta o mar e chove arreo por san Uxío, fóra do camiño balocas gardar, carballo ó fogar e todos ó lar |
| Onde vires neboeiro por xaneiro, fai alí o teu fillo herdeiro |
| Os arroaces brincan no mar, forte norte vai a dar |
| Os campos han de estar brancos polo mes de santos |
| Os nabos e os peixes no tempo da xeada crecen |
| Os rocíos abundosos son augurios primorosos |
| Os rocíos de agosto son mel e mosto |
| Outono enxoito, Nadal vento moito ou pouco |
| Outono quente trae o demo no ventre |
| Para o pan engraiar ha de o boi tremar / o boi ha tremar |
| Pedra no suco, néboa en todo o mundo |
| Pode xunio tormentoso ser a moitos desastroso |
| Poden deixar recordos espantosos outonos que comenzan tormentosos |