| Si de tarde unha roda envolve a lúa, antes de media noite vento e chuvia |
| Si en febreiro estiveche quente, na Pascoa batirás o dente; e si estiveche frio, non cho digo, non cho digo |
| Si en marzo ves tronar, bótate a tremar |
| Si en once de maio rocío vises, espera bon ano, e mellor si chovese |
| Si marzo recacha o rabo, non queda ovella nin año |
| Si o nubrado e do raiante, anda boi pra diante; si o nubrado e do poniente, afálalle aos bois e vente |
| Si polo Nadal neva, todo se aleda |
| Si queda o vento polo sur do sol, mal tempo seguro |
| Si rompe con nevoa, bon sol se espera; se non, chove ou neva |
| Si sopra nordés, bon tempo fixo tés |
| Si ven tronada polo Leste, temos calma ao Nordeste |
| Si ves espuma na praia, sur encima |
| Si vires xiar polo des, aparexa pra un mes |
| Sol de xaneiro, sempre tras do outeiro |
| Sol madrugueiro, chuvia no eido |
| Sol madrugueiro, chuvia no quinteiro |
| Sol madrugueiro, non é bon compañeiro |
| Sol na cidá, auga no nabal |
| Sol que moito madruga, pouco dura |
| Sueste, alcahuete de mareiras |