ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Cando nas témporas de Navidá queda o aire de abaixo, ano húmedo
Cando neva atrás do mollo, neva hastr'o xonllo
Cando non fai vento[,] non fai mal tempo
Cando o aire zoa, sabe ben a broa
Cando o ceo está color de lan, ou chove hoxe ou mañán
Cando o ceo está de panza de burro, chove duro
Cando o cuco marcha, colle a manta
Cando o Farelo pon a monteira, chove anque o ceo non queira
Cando o Farelo pon o capelo, meniñas da Ulla, poñede o mantelo
Cando o Farelo ten sombreiro, os labradores qu'anden con xeito
Cando o gato quenta o traseiro, escusas regar o lameiro
Cando o gato se lava ou as galiñas se espolexan, vén o inverno
Cando o grilo canta, tira ca manta
Cando o moucho mouchea[,] nin chove nin xea
Cando o Nadal nada, sinal de boa anada
Cando o noroeste non recala ó Son, mañán hai vendaval anque me digas que non
Cando o Pico Sacro cobre o capelo, mociñas da Ulla[,] poñede o mantelo
Cando o Pico Sacro pon touca, auga temos[,] pouca ou moita
Cando o Pico Sagro pon capelo, meniñas da vila, poñede o mantelo
Cando o tempo anda ó revés, hastra chove do nordés