ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
gallec
Por san Antón, xiada; por san Lourenzo, escaldada
Por san Benito canta o cuquiño[,] e por san Pedro canta o cuquelo
Por san Benito[,] cada cuquelo no seu penido
Por san Lucas bota a parella, que estea a terra mollada, que estea seca
Por San Martiño, neve ó pino; por San Andrés, neve ós pés
Por san Simón morre a mosca e o moscón
Por san Simón[,] camiñar, sí; navegar, non
Por san Vicente andan as augas na súa corrente, quer xiada, quer quente
Por san Xudas xa o outono fixo das súas. E, se non inda as fixera, a novembro non chega
Por Santos neve nos altos
Por Santos neve nos campos
Por Santos, aínda hai campos verdes e xa hai montes brancos
Por Santos, neve nos cantos
Primeiro de agosto chuvioso, castaño vermoso
Que a Candeloria chore, que deixe de chorar, metá do inverno está por pasar
Ramos mollado, carro crebado; Ramos enxoito, nin moito nin pouco
Ramos mollados, Pascuas enxoitas: ano de viño, de pan e de froita
Roibéns ao mar, vellas a solar; roibéns ao monte, vellas á fonte; roibás ao Miño, vellas ao niño
Roibéns de sol levantado, tempo mollado
Roibéns de sol posto, é sinal de tempo enxoito