| A auga de febreiro ten para os campos tempero e a auga de maio teno para todo o ano |
| A auga de maio non fai daño |
| A boa anada non a leva vento nin xeada |
| A chuvia de febreiro fai o palleiro |
| A chuvia mellor do ano vén o doce sin engano |
| A chuvia na eira non fai malladoiro |
| A chuvia no agosto, non trae bon mosto, nin bon magosto, nin bon entrecosto |
| A día claro, escuro nubrado |
| A inverno chuvioso, verán abondoso |
| A lúa si coma nace quinta, e como quinta octava, así acaba |
| A vendima, enxoita e fría |
| Abriga a neve ó trigo como abriga unha nai ó seu fillo |
| Abril atoldado e pouco mollado |
| Abril augas mil, escoadas por un mandil |
| Abril augas mil, peneiradas nun candil |
| Abril chovedeiro enche o cabaceiro |
| Abril frío e mollado: [/] enche o celeiro e farta ó gando |
| Abril frío, moito pan e pouco viño |
| Abril frío, pan e viño |
| Abril mollado, malo na horta e bo no campo |