ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Hastra as Navidás nin fame nin frío; das Navidás en diante, fame e frío bastante
Hastra o corenta de maio non te quites o saio[,] e, si eres de Lugo, hastra o trinta de xunio
Hastra san Martiño pan e viño, e de san Martiño adiante fame e frío
Home sanabrés, aire burganés e viño/amigo portugués, Dios nos libre dos tres
Hoxe existe o vendaval porque vén de Portugal
Inverno de xeadas, moito gran e pouca palla
Inverno frío, tempo de rescaldo
Inverno fríu / verau caluroso
Lama en aghosto e polvo en abril fai tocar as huchas coma un tamboril
Lan cardada, ós tres días mollada
Leste na ría, norte na costa
Lúa con aros, ríos cheos
Lúa con cerco, o baixo cheo; estrela no medio, o baixo seco
Lúa nova con treboada, trinta días mollada
Lúa sabadiña, ou chuviosa ou ventosiña
Luna arriba, seca corrida
Luz de setiembre ou seca as fontes ou leva as pontes
Maio chuvioso, verán caluroso
Maio louro e san Xoán/Joán claro vale máis cós bois i o carro
Maio me molla e maio me enxuga, con raias de sol e con raias de chuvia