ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Cando a Curota ten capela, adiviña vendaval
Cando a Curotiña ten o sombreiro, señal de chuvia
Cando a gaivota vai pra a terra, xa non neva; cando vai pra o mar, vai nevar
Cando a montaña pon o sombreiro, prepárate pró inverno, e si pon capote, chove de cote
Cando a niebla pousa no Faro, desfaise en tronada
Cando a nube está en cardas de la, se non chove hoxe chove mañá
Cando a perdiz canta e a nube encobre, non hai mellor señal pra cando chove
Cando a perdiz canta, nublado vén
Cando a pita canta, señal de bon tempo
Cando ablanda a area da plaia, sinal de mal tempo
Cando as candorcas saltan, o bon tempo espanta
Cando as pedras do Xalo choran, ventan auga
Cando as vacas baixan prá praia, temporal
Cando Barbanza ten touca, ou moita chuvia ou pouca
Cando brúa a barra de Ortigueira, bois á leira
Cando choran as pedras de Xalo, ventan orballo
Cando choran as pedras do Xallo, temos orballo / ventan orballo
Cando chove e hai lúa, o trasno anda pola Cruña
Cando chove e quenta o sol está o demo metido no fol
Cando chove e quenta o sol[,] anda o demo cun bastón, cunha caixa de alfileres pinchándolle[s] o cu ás mulleres