| Chuvia no mar e vento na ría, chuvia para todo o día |
| Chuvia outoneira, por san Mateu a primeira |
| Chuvia por san Pedro, chove o mes enteiro |
| Chuvia por santa Margarida, máis do que dá, tira |
| Circo na lúa, auga segura |
| Co aire do poñente solta os bois e vente |
| Colleita mollada é media anada |
| Collerás viño mosto, si vendimas enxoito |
| Corrente ao Este, sinal de mal tempo |
| Curuxa noiteira, malladores á eira |
| De Nadal a Xullián, lar, viño e pan; de Xullián adiante, frío e fame |
| De ponente, nin aire nin xente |
| Dende o quince ao vintedous as neves boas son |
| Dende Santos a Nadal é inverno natural |
| Desde a Virxe a san Miguel nunca debera chover |
| Desde o vinte en adiante o inverno xa é constante |
| Desque o mes media, ó que ven asomella |
| Día da Candeloria, inverno fora. Se chove ou venta, aínda entra |
| Día de néboa bo día espera, se non chove ou neva |
| Día de neve, día alegre |