| En San Xoan, nin a mexeira dun can |
| En San Xoán, o tempo aínda pon cara de can |
| En tempo de vendima, auga do ceo mala, pero da fonte, boa |
| En vela, chovendo, galerna segura, barco ó garete |
| En xaneiro vive o home a carón do caldeiro |
| En xaneiro vrao, nin palla nin grao |
| En xaneiro xea moito; en chegando marzo, calma un pouco |
| En xaneiro, un pouco ao sol, outro pouco ao fumeiro |
| En xulio arder e patacas coller |
| Entre Marzo e Abril sal o cuco do cubil[,] que co a neve non quer vir |
| Entre san Xoán e Santiago Deus nos libre dun nubrado |
| Entre Santos e Nadal é o inverno candeal |
| Entroido, á raxeira; Pascua, á lareira |
| Enxoito xaneiro, chea no graneiro |
| Estrelas a brillar, nordés fresco a soprar |
| Febreiriño curto, cos teus días vinteoito; se dura máis catro, non queda can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela, nin pastor para ir con ela, nin cornos no carneiro, nin orellas ó pegureiro |
| Febreiriño quente, tráeche o demo no ventre |
| Febreiro camiseiro, nin boa meda nin bon palleiro |
| Febreiro, febroso, marzo, ventoso |
| Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira |