| Neboeiro na terra, treboada no mar: ou ben chover ou ben nevar |
| Neboeiro, pesca rara no rueiro |
| Neve febreiriña tarde vén e logo camiña |
| Neve marzá vén á noite e marcha á mañá |
| Neve que cae na lama por auga chama |
| Nevoeiro nos montes, auga nas fontes |
| No Abril[,] cada pinga val por mil |
| No ano que moito chove o labrego traballa máis que come |
| No día de san Xoán baila o sol pola mañán |
| No marzo abrigo, na eira pantrigo |
| No mes de febreiro co cu no mesote e cos pés no braseiro |
| No mes de nadal, acarón da lareira váite a sentar |
| No mes de San Xoán, vaite bañar |
| No Nadal inverno a fartar |
| No tempo de marzo á mañá enxoito e á tarde mollado |
| No tempo do cuco á mañá me mollo e á tarde me enxugo |
| Noite moura, vendaval seguro |
| Non hai medo a frio nen a tronada, senón a chuvia porfiada |
| Nordés polo serán, vento sul pola mañán |
| Nordés quente, brétema no abrente |