ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Rubiéns prá ribeira, vellas á parrumeira
Rubiés a la mañana, ou vento ou auga; rubiés a la noche, buen tiempo espera
Rubiés ó nacente, chuvia de repente
Rubio pra Lugo, tempo seguro; rubio pra Neira, arma a caldeira á goteira
San Antón[,] vello e tristeiro[,] convida as rapazas ao rezadeiro
San Joán claro ara máis có boi ó carro
San Martiño[,] fame e frío
San Raimundo, a anduriña trai do outro mundo
San Roque das chagas, chama polas augas
San Sidriño labrador tira a auga e pon o sol
San Sidriño labrego, pon o sol e leva o rego
San Urbán leva o frío e trae o vran
San Valentiño, da primavera veciño
San Xoán chegado, primavera no cabo
Santa Ana[,] cas ras non quer nada
Santa Candeloria, se ri, inverno si; si chora, inverno fóra; anque ría ou anque chore, o inverno vai fóra
Santa Catalina neve na curtiña, se non é aquel día, pró outro día
Santiago de chuvias, ano de alubias
Santos e Nadal, inverno carnal
Sarabela fría, mata a túa tía; sarabela quente, mata a túa xente