ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
Cando chove e hai lúa, o trasno anda pola Cruña
Cando chove no san Xoán[,] tolle o viño e non dá pan
Cando con nordés chove, as pedras se moven
Cando corre o nublao para o Cebreiro, colle a capa e o sombreiro; corre o nublao para o mar, colle o malle e vai mallar
Cando d'o nordeste chove, [/] hasta as pedras move
Cando Deus o quería, de tódolos ares chovía
Cando Dios quer[,] de tódolos ventos chove
Cando Dios quería, do norte chovía
Cando encarnado está o monte, mete o boi na corte
Cando fai de Bercía, témo-la auga encima
Cando na luna de marzo hai tronada, todo o ano quere campana
Cando na pota queda lume, ó outro día chove
Cando Nadal nada, señal de boa anada se a encontra sementada
Cando Nadal nada, señal de mala anada
Cando o ceo está color de lan, ou chove hoxe ou mañán
Cando o ceo está de panza de burro, chove duro
Cando o Farelo pon a monteira, chove anque o ceo non queira
Cando o Farelo pon o capelo, meniñas da Ulla, poñede o mantelo
Cando o gato quenta o traseiro, escusas regar o lameiro
Cando o Nadal nada, sinal de boa anada