ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
gallec
Cando o tempo está de Ferrol, auga sen sol
Cando o vento é de Carnota, mete leña e cerra a porta
Cando os corvos berran, chuvia segura
Cando ronca moito o mar, é probable o temporal
Cando rumba o mar, colle os bois e vai arar, e cando rumba a burela, a brosa e fai estelas
Cando se pon a pardela a espiollar, [/] non tarda un día o vendaval
Cando se pon o sol e no poniente aparece unha silveira, auga segura
Cando vén o vento do sur, o gaiteiro quer beber
Cando vexas ir as nebras para o Cebreiro, colle a capa e o sombreiro
Cando zoa o regueiro, panos ó fumeiro
Canta o merlo, tempo de inverno
Canta o sapo, tempo guapo
Canto máis norte, máis frío de morte
Cantos días de sol en xaneiro, tantos de choiva en san Xoán
Capa de la, auga para mañá
Carapucho no Farelo, auga no pelo
Carcaixía, norte ou nordeste cría
Cardaduras de lan, se non chove hoxe[,] chove mañán
Ceio con capelos de la, si non chove hoxe chove mañá
Cen arañado, chuvia de contado [sic]