ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
gallec
Auga de outono mata o seu dono
Auga de san Lourenzo sempre chega a tempo
Auga fría na badía, norte en Muxía
Augas de abril[,] cuantas vexas vir, todas caben nun barril
Aughua de mayo, pan pra todo l'ano
Augoa en Mayo, pan todo ano
Aurora roiba, ou vento ou choiva
Baixou o río en seguida, auga encima
Ballón de maio e sol de san Xoán[,] sube a herba por riba do pan
Barca enxoita, san Miguel mollado
Barrón de cabo a cabo, nordeste declarado
Borrasca polo mar, vellas a asollar; gaivotas á terra, mariñeiros á merda
Borraxeira do mar, norte a terra vén buscar
Brétema na xiada, auga pola tarde
Brúa Alba, tempo en calma
Brúa Gandarío, panos ó río
Cand'a neve chega ó Miño, na montaña non se ve o camiño
Cando a abaladoira sona, ou chove ou trona
Cando a Candelaria chora[,] metá do inverno vai fora
Cando a Candeloria chora vai o inverno fóra; que chore que cante, inda hai inverno atrás e diante