ParemioRomParemiologia romànica: refranys meteorològics i territori
gallec
Aire de arriba, aire da merda; polo aire de arriba perdín a miña herba
Aire de Calde non traballa en balde
Aire de Carnota jode a quen topa
Aire de Carnota, nin bo viño nin boa bota
Aire de Lugo, auga no puño
Aire de Lugo, bágoas a xerras
Aire de Marufe, chuvia certa
Aire de Meira, caldeiro á goteira
Aire de Meira, tropa lixeira
Aire de Neira, auga á carreira
Aire de Portugal, vellas ó xestal
Aire de suán, chuvia na man
Aire de Villalba non quere auga nin xente
Aire do norte, inverno forte
Aire do norte, tempo forte
Aire do soán, auga na man
Aire do sur, chuvia segura
Aire enremuñado, tapa o carallo
Aire melidao, tres días en vao
Aire peroxao, nin auga nin vrao